O alumnado do CS de Turismo no IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais
O venres, 16 de decembro, o alumnado do ciclo de Guía, información e asistencia turísticas viaxou a Lugo para asistir ao IV Congreso de Cultura Digital y Redes Sociales #INLUGO16 organizado pola Deputación.
O evento consistía en varias presentacións e paneis de debate sobre os cambios de hábitos, actitudes, formas de comunicación e estilos de vida que produce a Rede en diferentes sectores da nosa sociedade, con especial atención aos sectores estratéxicos da provincia de Lugo.
A seguinte instantánea corresponde á conferencia inaugural “Instagram, la revolución social fotográfica”. A cargo de Phil González, fundador da rede mundial de Instagramers e director dixital da productora Amc Networks International para España e Latinoamérica.