Skip to Content

Lugar de realización das probas de acceso a ciclos medios de Formación Profesional

O lugar de realización das probas de acceso a ciclos medios de Formación Profesional é o CIFP Valentín Paz Andrade en Vigo.

Tedes a ubicación neste enlace.

ENQUISA DE CONVIVENCIA ESCOLAR. AMPLIACIÓN PRAZO: ATA O 31 DE MAIO

A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 inclúe o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos para a elaboración dun posterior dun informe de diagnose.

A recollida de datos en cada centro farase, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través dunha enquisa a realizar antes do vindeiro mércores 31 de maio, unha para cada sector da comunidade educativa: alumnado (que a fará na aula co seu profesorado titor), familias, profesorado e persoal non docente.

Para poder facer a enquisa correspondente ás FAMILIAS, seguiremos estes pasos:

  • Esta semana cada alumno/a levará para entregar na súa casa un impreso cunha clave ou código.
  • A nai/pai/responsable legal debe acceder á seguinte ligazón: https://edu.xunta.gal/convfamil
  • Responder ás preguntas e premer "Enviar" ao rematar o cuestionario.

Ante calquera dúbida, podes poñerte en contacto coa dirección do centro.

Grazas pola colaboración

Proxecto caixa sostible. Eficiencia luminosa nas rúas, nas casas e no Instituto.

Alumnado de 1º Bacharelato do IES Ribeira do Louro premiado no proxecto A Caixa Sostible da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía cun proxecto sobre Eficiencia luminosa nas rúas, nas casas e no Instituto.

O proxecto A Caixa Sostible conclúe a súa primeira edición tras cinco meses de traballo. Trátase dunha iniciativa de divulgación científica impulsada pola Escola de Minas e Enerxía.

Na xornada de peche celebrada o 10/05 no campus, á que asistiron 130 mozos e mozas de dez dos institutos implicados, fíxose unha posta en común das conclusións obtidas en cada unha das cinco actividades que abordaron temáticas como a pegada de carbono, a eficiencia enerxética, a eficiencia luminosa, a calidade da auga e o patrimonio xeolóxico. Ademais, todos os centros implicados enviaron cadanseu póster explicativo co traballo realizado, que se expuxo no terceiro andar do edificio Ernestina Otero. 

Tras o acto de apertura tomaron a palabra as e os investigadores que estiveron a cargo de cada unha das actividades incluídas na caixa, que presentaron un resumo dos resultados enviados por cada un dos centros e tamén anunciaron os centros premiados en cada sección por ter presentado os mellores resultados. 

O noso centro foi escollido para presentar os resultados das súas investigacións no proxecto de Eficiencia luminosa. Toda a clase de 1º bacharelato participou neste proxecto ao longo de 5 meses de traballo, e na súa representación, Sergio González Martínez, Uxía Maceira  Dominguez y Álex Martinez Veiga expuxeron os resultados no Paraninfo da Universidade de Vigo. Pola outra banda, Ainhoa Caride Estevez, Araceli Pereira  González, Desireé Alonso Ortiz e Ainhoa Caballero Pérez acudiron en representación do segundo proxecto no que participou o centro: Calidade das Augas; neste caso o centro premiado e escollido para expoñer foi o IES Politécnico de Vigo. Parabéns a todas e todos!.

PUBLICADA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E ADMITIDAS NAS PROBAS LIBRES PARA CICLOS FORMATIVOS LOE 2022-2023

Hoxe publícase na web da Xunta a listaxe definitiva de admitidos e admitidas nas probas libres para ciclos formativos LOE 2022-23.

 

Neste enlace está toda a información.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut