Skip to Content

Cult. Audiovisual

Vídeos da Tobeira do Arrepío

Nesta ligazón poderedes acceder aos vídeos da Tobeira do Arrepío 3!

V Semana Temática. "Boiro"

No IES Praia Barraña celebramos estes días a nosa Semana Temática, que vai xa pola V edición.
 
As actividades parten dun proxecto da Biblioteca Escolar no que desde o distintos departamentos temáticos, o alumnado investiga arredor dun tema. Este ano centramos o foco de atención na investigación da vila de Boiro.
 
Os estudantes realizaron un traballo de investigación sobre os petroglifos, as igrexas e cruceiros, as profesións tradicionais da contorna, o relevo, as aldeas e lugares emblemáticos, o deporte, a literatura… así como estatísticas de temas do seu interese.
 

 

A inauguración tivo lugar o luns 16 cunha charla do historiador local Antón Rodríguez Gallardo: Achega á nosa historia a través da fotografía, na que os estudantes puideron comprobar como era a vila, as rúas e edificacións, o transporte e tamén o ocio e costumes dos boirenses nos anos vinte a sesenta do pasado século.
 
O martes 17, o alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron unha andaina, guiados por alumnado de 2º de bacharelato, desde o instituto ao Castelo de Vitres e acompañados polo profesorado de Educación Física.
 
O día 18 visitou o centro o grupo de rock noise Agorafobia, que deleitou ao alumnado non só coa súa música senón tamén coa súa experiencia na difícil carreira musical. A antiga alumna do centro e cantante do grupo, Susana Saavedra, animou a todos a loitar polos seus soños e a crer no que cadaquén desexe ser.
 
Para o alumnado de Bacharelato de Artes, o técnico de cultura do Centro Social da vila, Alberto García, fomentou a creatividade dos futuros artistas locais e informou das canles para dar a coñecer os seus traballos.
A clausura da Semana tivo lugar o venres 20, coa celebración dunha feira deportiva, coa participación de todos os clubs deportivos da vila e coa actuación dos antigos alumnos do centro, Sabela King e Benxa, voz e guitarra do grupo The Lákazans, que namorou ao público co mellor soul da Barbanza.
 
Desexamos que estas experiencias aumenten en peso e importancia, pois temos comprobado que o traballo multidisciplinario é unha das mellores maneiras de avanzar nesta aventura pedagóxica. 

AQUÍ vos deixo unha ligazón á galería de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut