Skip to Content

Fondo Solidario de libros de texto. Curso 2021 - 2022

 

 

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE AXUDAS

ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

CURSO 2021 - 2022

NORMATIVA APLICABLE

 

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B) 

 

DESTINATARIOS

  • Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Alumnado cunha discapacidade 65 %.
  • Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  • O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros (ata o de agora o límite era de 5.400 euros), e a contía da axuda mantense a mesma, isto é, 50 euros/alumno.

FORMA E LUGAR PRESENTACIÓN SOLICITUDES

  • As solicitudes serán presentadas polos pais/nais ou titores/as legais do alumnado.
  • Única solicitude para todos os fillos admitidos no Centro.

 

                           FORMA DE PRESENTACIÓN

  • As solicitudes serán cubertas a través da aplicación FONDOLIBROS. A través dela cubrirán os datos solicitados pola Administración, gardarán o documento e así obterán o seu número de solicitude.

 

                       LUGAR DE PRESENTACIÓN

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (non precisa presentación física da solicitude no Centro) [OPCIÓN PREFERENTE]

 

  • Presentación no Centro entregando, debidamente cuberta, a solicitude xerada pola aplicación FONDOLIBROS e a documentación complementaria necesaria (Anexos I e II)

PRAZO PRESENTACIÓN  SOLICITUDES

Do día 21 de maio ao día 22 de xuño de 2021 (este incluído)

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

a)    Solicitude de participación.

b)    Anexo II.

c)    Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d)Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

f)     Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

g)   Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

h)  Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

PUBLICACIÓN DE ACTOS

Publicaranse no taboleiro de anuncios do Centro docente: a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario; a listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión; e a relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en  que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación da que carezan, nas seguintes datas.

  • Publicación das listaxes provisionais:

                   07/07/2021.

  • Reclamación contra as listaxes provisionais:

                   08 e 09 de xullo de 2021.

  • Publicación das listaxes definitivas:

                     14/09/2020.



page | by Dr. Radut