Skip to Content

COIDÁNDONOS FALANDO DOS NOSOS MONSTROS.

DespoIS de moitas reunións, charlas e emocións pensabamos que este anos estaría ben poder reflexionar sobre esas violencias machistas, que algunhas persoas califican de micromachismos, e nós non. 

A linguaxe constrúe realidade/realidades; a linguaxe non é inocua, é poderosa, marabillosa e tamén perigosa. Reflexionar sobre o seu uso é algo que xa levamos gravado no hipotólamo aquelas persoas que formamos parte de SOMOS X. Pensar na lingua e usala ideoloxicamente; un mantra para nos. Por iso, este prefixo MICRO golpéanos, danos rabia e rebélanos. Non existen machismos micro, nin agresións pequenas. Existe unha violencia contra NÓS, contra as mulleres, contra as lesbianas, as bolleras, as non binarias, as trans, os trans:..contra as sexualidades minorizadas por esta sociedade heteropatriarcal occidental e caucásico e a súa linguaxe. Pero, deixémolo aquí. A linguaxe é outro tema. 

 

O que diciamos, nesta ocasión SOMOSX quería falar das agresións machsitas que se normalizan nas nosas rutinas, esas que parece que non son imortantes, das que non se falan, das que quedan eclipasdas polos FEMINICIDIOS. Desas agresións que machacan a nosa estima e a nosa liberdade de vivir en paz.

 

Pois ben, o tema estaba claro. Pero falatba o como. O como chegou con esta conciencia e este sentido de pertenza e de empoderamennto que temos en SOMOSX. Sentáimonos fortes, valentes e bravas para contar as nosas agresións. Abrímonos en canle e falamos dos nosos monstros. 

Tocaba organizarse. Cronograma, asitentes, un set de gravación e on...a cámara e dirixíndonos a un tú que nos escoitaría ao outro lado falamos. Eva falou das miradas obscenas que a perseguen dende que ten peitos. Dana da súa educación machista. Elvira, Yoly, Laura, Antía, Paula, Jonathan e moitas máis de abusos sexuais, de acoso, de medo...Xuntas, escoitandonos e COIDÁNDONOS. 

Escola, emoción e Feminismo. 

Perfecto. 

Tan difícil é?

( AQUÍ TEDES UNHA PARTE DO VÍDEO)



story | by Dr. Radut