Skip to Content

SomosX

25 de novembro do 2019. Outro día contra a violencia machista.

Somos X comeza o curso 2019-2020 berrando contra a violencia machista. No noso rincón a nosa homenaxe ás 1027 mulleres asasinadas dende que temos cifras oficiais.Sabendo que son máis porque tamén hai feminicidios fóra dos límites familiares.

Baixo este prisma, a día de hoxe van 93 mulleres asasinadas no que vai de ano por violencia de xénero!!! 93!!! 1.079 dende o ano 2010, cando se iniciou o cómputo extraoficial de vítimas de feminicidio en España.

O machismo mata!!

Cistite berrou AH! no Teatro Principal.

Aínda seguimos soñando. O venres 3 de maio, CISTITE TEATRO- o grupo de escénicas do IES Praia Barraña-, fixo o seu debut na 20 Mostra Intercentros que se celebra en Santiago de Compostela. Cistite Teatro pisou o Teatro Principal con AH! un berro desgarrado contra o pensamento único, a rixidez ideolóxica e o acoso co que pretendemos remover as tripas dos que nos escoitan. 

Ah! é o resultado dunha viaxe tan dura no emocional e no material como reconfortante. Para construir Ah! loitamos contra nós, con nós e tamén contra as carencias que presenta o noso centro. Unhas dificultades enormes ( carecemos dun espazo propio, dun escenario, de iluminación, de almacén, de vestiario...) que nos fixeron dubidar a aceptar a participación na Mostra de Intercentros que chegou da man dun querido compañeiro que confiou en nós. Dubidamos pero a emoción e o convencimento de que o que levabamos construíndo dende o mes de outubro podía saír do noso rincón levanounos a coller os bártulos e planear o noso aterraxe na capital. Tiñamos dúas semanas para adaptar a nosa underground proposta ao Teatro Principal. Uff! Díficil. Pensámolo, abrazámonos e berramos Ah! coa dignidade do minorizado, da resistencia e da rebeldía. Alá fumos coa nosa cama, as nosas xaulas e un subidón que nos facía rir, chorar e volver a rir. Un clásico en CISTITE; a emoción a flor de pel. Sempre.

Chegamos a  Santiago de Compostela. Xoves, sol e vertixe. Uha hora para a montaxe, para coñecer o espacio, aos técnicos e equilibrar emoción e concentración. Conseguímolo. Ao día seguinte actuaríamos no Teatro Principal. No medio unha noite de conversas nun albergue. O venres, as 10:30 abrimos portas. No público, alumnado de Rois, nais, pais, amigas, amigos, antigos estudantes do insti que nos quixeron arropar. Sentimos o calor e subiuse o telón. Comezamos cantando Medo e saímos berrando Ah! alto e forte. Con rabia e emoción. Dende CISTITE ao mundo.


 

 

VI Semana Temática: Diversidades

Premendo na imaxe pódense consultar as actividades que se desenvolverán durante esta semana adicada á identidade e diversidade de xénero.

SomosX no XX Foro Galego de Igualdade

 

Hoxe SOMOSX participou como ponente na XX Edición do Foro Galego da Igualdade, organizado pola Consellería e o Ministerio de Educación.  Un pracer, unha honra. 

Despois de dous anos facendo tribo, coidándonos, creando conciencia do colectivo e contaxiando emoción e feminismo, amor polas diversidades, e o convencimento de poder ser en liberdade; chámaronnos da Consellería de Educación para falar de SOMOSX

 

 

Queriamos contarlle ao mundo que dende os centros escolares podemos craer espazos onde acobillarnos do frío da intolerancia e dos convencionalismos; espazos onde ser lesbiana, trans, queer, rara, hetero, bollera, non binaria, marimacho, marica, feminista;sen complexos. Espazos e tempos para falar dos nosos monstros, das agresións, das dúbidas, do machismo, das diversidades.  Queriamos contarlle a outros docentes que dende os centros podemos axudar a crear conciencia e discurso; a botar unha semente para unha árbore tan violeta como perenne; unha árbore que dea sombra aos de abaixo, aos minorizados polo pensamento heteropatriarcal domininante.

O Foro Galego da Igualdade era unha ocasión estupenda para seguir contaxiando liberdade, diversidade, tolerancia, igualdade e transfeminismo. 

Así que, marchamos para Compostela e alí esperamos algo nerviosas escoitando a outras ( Amada Traba, Carmen Moure, Carmen Ruiz Repullo, Pepe Cabido, Gracia Santorum...) que sentían coma nós. Falaban de feminismos, de prostitución, da necesidade dunha educación sexual real, de pornografía, da importancia do sorriso, da educación emocional e de romper con estereotipos e barreiras entre docentes e alumnado. Interantísimo e estimulante. 

 

E tocounos falar. Nervios. Antía Ramallo Blanco e Sandra Folgar Martínez emociaron a un auditorio cheo que escoitou o seu entusiasmo e a súa experiencia en SomosX. Falaron do necesario de pertencer a un grupo que acolle o seu sentir e que constrúe un discurso que as fai máis poderosas, libres e felices; un discurso que contaxia e transforma pouco a pouco ao centro e tamém á sociedade; un discurso que profundiza e matiza o discurso feminista ao plantexarse a rupturo do binario, por exemplo. 

Apaludíronelle e ovacionáronas.

Hai futuro!- escoitouse. 

SomosX

 

8 de marzo 2019_ Rianxo_

 

 

 

 

COIDÁNDONOS FALANDO DOS NOSOS MONSTROS.

DespoIS de moitas reunións, charlas e emocións pensabamos que este anos estaría ben poder reflexionar sobre esas violencias machistas, que algunhas persoas califican de micromachismos, e nós non. 

A linguaxe constrúe realidade/realidades; a linguaxe non é inocua, é poderosa, marabillosa e tamén perigosa. Reflexionar sobre o seu uso é algo que xa levamos gravado no hipotólamo aquelas persoas que formamos parte de SOMOS X. Pensar na lingua e usala ideoloxicamente; un mantra para nos. Por iso, este prefixo MICRO golpéanos, danos rabia e rebélanos. Non existen machismos micro, nin agresións pequenas. Existe unha violencia contra NÓS, contra as mulleres, contra as lesbianas, as bolleras, as non binarias, as trans, os trans:..contra as sexualidades minorizadas por esta sociedade heteropatriarcal occidental e caucásico e a súa linguaxe. Pero, deixémolo aquí. A linguaxe é outro tema. 

 

O que diciamos, nesta ocasión SOMOSX quería falar das agresións machsitas que se normalizan nas nosas rutinas, esas que parece que non son imortantes, das que non se falan, das que quedan eclipasdas polos FEMINICIDIOS. Desas agresións que machacan a nosa estima e a nosa liberdade de vivir en paz.

 

Pois ben, o tema estaba claro. Pero falatba o como. O como chegou con esta conciencia e este sentido de pertenza e de empoderamennto que temos en SOMOSX. Sentáimonos fortes, valentes e bravas para contar as nosas agresións. Abrímonos en canle e falamos dos nosos monstros. 

Tocaba organizarse. Cronograma, asitentes, un set de gravación e on...a cámara e dirixíndonos a un tú que nos escoitaría ao outro lado falamos. Eva falou das miradas obscenas que a perseguen dende que ten peitos. Dana da súa educación machista. Elvira, Yoly, Laura, Antía, Paula, Jonathan e moitas máis de abusos sexuais, de acoso, de medo...Xuntas, escoitandonos e COIDÁNDONOS. 

Escola, emoción e Feminismo. 

Perfecto. 

Tan difícil é?

( AQUÍ TEDES UNHA PARTE DO VÍDEO)

Performance contra a violencia machista(II)_25N

Dende Artes escénicas quixemos colaborar con Somos X. O discurso feminista é trasnversal a todo o que facemos así que atopamos no 25 de novembro unha desculpa para loitar contra as violencias machistas. 

O ano pasado evidenciaramos o extremo desta violencia patriarcal: o feminicidio. Así que nesta ocasión apateceunos invitar a reflexionar sobre esas outras violencias das que somos vítimas moitas de nós. A violencia da mirada sobre ás que nos comportamos fora dos estereotipos sexuais, de xénero, de sexualidade; a violencia que se exerce explicitamente con insulto explícito de un, de unha sobre a outro, o outros; a violencia do silencio dos/das que se calan; a violencia dos/das que se suman por non significarse; a violencia dos celos, do control...  Esa violencia que te aplasta, señala e marca.

A reflexión chegou en forma de performance. Aquí vos deixamos un fragmento. 

Performance contra a violencia machista(I)_25N

 

 

Aproximábase o 25 de novembro e quixemos evidenciar a violencia machista. Descartamos manifestos politicamente correctos e minutos de silencio.

Despois de reunións, chuvia de ideas e moita emoción decidimos que aquela fría mañá de venres recibiriamos aos nosos compañeiros explicitando de forma simbólica a violencia machista. Como? Cunha acción escénica.

Quixemos encher o instituto de de cadáveres, os nosos, os das mulleres vivas que homenaxean as súas compañeiras asasinadas. Vestidas de negro, con máscaras bracas que cubrían os nosos rostros magullados,  cos nomes das máis de 90 asasinadas na espalda abrimos o instituto. Sonou o timbre e ali nos atoparon; mortas. Algún insultounos, outros emmocionáronse, os máis gardaron silencio.

Eramos moitas, alumnas e profesoras en silencio durante quince minutos ata que os corredores quedaraon baleiros. Entón nços, levantámonos en silencio. Un silencio contido, emocionante; roto por un aplauso, o noso. 

Sempre. 

 

 

Folga 8M

Manifesto do Colectivo Somos X
 
Este 8 M, dende o colectivo Somos X comunicamos que secundamos a folga asumindo todo o que isto pode conlevar, e animamos ás mulleres a secundala tamén. Por outro lado pedimos aos homes que cumplades cas vosas obligacións, para apoiarnos e facer visible o noso parón.
 
A folga feminista faise por segundo ano consecutivo en toda España.
Apoiámola porque a pesar de todos os avances xa conseguidos,necesitamos unha igualdade real.
 
Na folga de coidados lóitase para que estes non recaian só sobre a muller, xa que é ela quen ten a responsabilidade,a parte de traballar, de facerse cargo dos fillos ou doutras tarefas, ademáis do coidado das persoas dependentes.
En canto a folga do consumo, loita contra un fenómeno global de discriminación económica basada no xénero ca denominada tasa rosa,unha práctica comercial que encarece os bens e os servizos das mulleres. Tamén a mercantilización e o uso do corpo das mulleres como obxecto de propaganda.
Na actualidade, aféctanos o teito de cristal,o que ven sendo a falta de mulleres nos altos cargos. Pódese comparar nos distintos sectores que sempre hai máis homes ca mulleres.
Tamén somos víctimas da brecha salarial,é dicir,a desigualdade entre os xéneros á hora de cobrar.Aínda que se está intentando arreglar que tanto homes coma mulleres cobremos igual á hora de realizar os mesmos traballos,se comparamos os diferentes sectores tamén veremos que sigue estando presente.Isto é o que a folga laboral quere cambiar.
Para finalizar,na folga estudiantil pídese a existencia de educación sexual nos centros.Que nos ensinen unha historia real,o que lograron tanto homes coma mulleres. Necesitamos representación femenina,ver máis mulleres nos libros,que nos falen máis sobre elas.
A mellor forma de acadar a igualdade é comezando polo sistema educativo.
 
As estudantes paramos denunciando sobretodo as cousas que nos desfavorecen no noso ámbito, pero tamén en sororidade cas mulleres traballadoras, amas de casa, racializadas, LBT... Facémolo por todas as mulleres e por todos os dereitos.
 
A revolución será feminista ou non será!
Distribuir contido


by Dr. Radut