Skip to Content

Aprendendo a ser bos condutores e condutoras

O pasado martes 06 de febreiro os alumnos de 1º de Bacharelato do IES asistiron na quenda da tarde a un simulacro de accidente automobilístico con feridos e ao proceso de excarcelación dos mesmos.

Esta acción educativa foi organizada pola Policía Local do Concello de Boiro e contou coa colaboración dos Servizos de Emerxencia e Sanitarios da comarca, da Asociación Stop Accidentes -a través da súa presidenta Jeanne Picard- e dun coñecido boirense que sufriu un grave accidente hai uns anos  e cuxos duros e impactantes testemuños emocionaron ao auditorio presente. Os alumnos do IES Praia Barraña tamén foron participantes e testemuñas de excepción  do devandito simulacro.

A experiencia vivida polo alumnado do IES Praia Barraña foi enriquecedora e serviu para conciencialos dunha condución responsable como condutores que serán nun futuro inminente.

Agradecemos ao Concello e á Policía Local de Boiro o ternos escollido para a realización deste primeiro simulacro de educación vial así como a presenza e impactantes testemuños de Jeanne Picard e de Moncho, e tamén a colaboración do resto de Servizos que colaboraron no mesmo.

 

Velaquí un vídeo do simulacro realizado:

 

 



page | by Dr. Radut