Dende o curso 2014-2015 os profesores do IES Praia Barraña adquirimos o compromiso de participar nos Plans de Fomación do Profesorado impulsados pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través de varias accións formativas que persiguen como principais obxectivos a actualización científica e técnica do profesorado, a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe, a implantación de novas metodoloxías didácticas dentro da aula e a potenciación dunha mellor convivencia entre toda a Comunidade Educativa que conformamos o IES Praia Barraña. Froito desta participación nos Plans de Formación do Profesorado desenvolvidos no propio Centro efectuáronse (ou estanse a desenvolver) as seguintes accións formativas:
Curso 2014- 2015
- A Aula Virtual do IES Praia Barraña: creación e mantemento de cursos online.
Curso 2015- 2016
- A Aula Virtual do IES Praia Barraña: creación e mantemento de cursos online (2ª Edición)
Curso 2016 - 2017
- A programación por competencias no contexto LOMCE
- A mellora da convivencia escolar no IES Praia Barraña.
Curso 2017 - 2018
- O proceso de ensino-aprendizaxe baseado no traballo colaborativo e por proxectos (ABP)
- A mellora da convivencia escolar no IES Praia Barraña.