Skip to Content

Aula Virtual 14-15

PFPP 2016 - 2020

logo_plans_formación_barraña

 

Dende o curso 2014-2015 os profesores do IES Praia Barraña adquirimos o compromiso de participar nos Plans de Fomación do Profesorado impulsados pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través de varias accións formativas que persiguen como principais obxectivos a actualización científica e técnica do profesorado, a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe, a implantación de novas metodoloxías didácticas dentro da aula e a potenciación dunha mellor convivencia entre toda a Comunidade Educativa que conformamos o IES Praia Barraña. Froito desta participación nos Plans de Formación do Profesorado desenvolvidos no propio Centro efectuáronse (ou estanse a desenvolver) as seguintes accións formativas:

 

Curso 2014- 2015

 

  1. A Aula Virtual do IES Praia Barraña: creación e mantemento de cursos online.

 

Curso 2015- 2016

 

  1. A Aula Virtual do IES Praia Barraña: creación e mantemento de cursos online (2ª Edición)

 

Curso 2016 - 2017

 

  1. A programación por competencias no contexto LOMCE
  2. A mellora da convivencia escolar no IES Praia Barraña.

 

Curso 2017 - 2018

 

  1. O proceso de ensino-aprendizaxe baseado no traballo colaborativo e por proxectos (ABP)
  2. A mellora da convivencia escolar no IES Praia Barraña.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut