Música
INSTRUMENTOS NA ÉPOCA DE ASTÉRIX E OBÉLIX
Na entrada do instituto temos unha exposición de instrumentos da época de Astérix e Obélix, feitos polo alumnado de 3º de ESO B e C nun proxecto conxunto das materias de Música e Tecnoloxía.
VISITA Á EXPOSICIÓN "PERGAMIÑO VINDEL" 2017
O xoves, día 9, o alumnado de 2º da ESO, acompañados polas profesoras de Música, P. Peña e Maite Sáiz, viaxou ao Museo do Mar en Vigo para visitar a exposición do Pergamiño Vindel. Este manuscrito contén sete cantigas "de amigo" de Martín Códax.
Unha oportunidade única!!!!!
UN ENSINO BASEADO EN TAREFAS. DEPARTAMENTO DE MÚSICA. Curso 2016-17
O ensino baseado en tarefas é unha forma activa de ensinar e de aprender.
A profesora de música P. Peña, desenvolveu co alumnado de 1º ESO e 2º ESO algunhas tarefas moi interesantes que podedes visionar facendo clic nos seguintes enlaces.
Neste enlace comprobaredes a labor de investigación do alumnado de 2º ESO sobre instrumentos musicais e a posterior edición online:
https://sites.google.com/view/instrumentarte/p%C3%A1gina-principal
Neste video veredes como o alumnado de 1º da ESO realizou un titorial para facer libros:
Neste video podedes ver exemplos de como os alumnos aprenderon a deseñar os seus propios libros:
MUSIQUEANDO 2017
Participan: CPI da Ribeira, IES Ribeira do Louro e IES Pino Manso
Trátase dunha convocatoria a nivel nacional de concertos escolares na rúa, organizada por COAEM (Confederación de Asociacions de Educación Musical). Obxectivo: Celebrar un día de festa pola música escolar e compartilo con toda a sociedade española.
No Porriño tivo lugar na praza do Cristo, o xoves 27 de abril ás 12:00h.
Para saber máis clic AQUÍ
A prensa local recolleu o evento como mostra da conexión entre os centros escolares e a sociedade: facer clic AQUÍ
CONCERTO NO SALÓN DE ACTOS 2017. SEMANA DE ACTIVIDADES
ORGANIZADO PARA O ALUMNADO DE 2º E 3º ESO