Novas, avisos, premios
RECOMENDACIÓNS DE UNICEF GALICIA
Dende a OMIX do Concello do Porriño remítennos o seguinte enlace para compartir coas familias:
https://oporrino.org/recomendacions-de-unicef-galicia-para-familias-porrinesas/
RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19
PARA O ALUMNADO:
- Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
- Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
- Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
- O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
- É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.
PARA AS FAMILIAS:
- Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
- Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
- Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
- Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
- Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
- Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.
MEDIDAS COVID-19
Ante a suspensión da actividade lectiva nos centros de ensino pola pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020, a Dirección do IES Pino Manso informa ao alumnado e familias das seguintes medidas adoptadas, consensuadas con todo o Equipo Docente:
-
Quedan canceladas as saídas didácticas previstas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril (Campolameiro, Vilasobroso-Tui, Caurel-Ancares).
-
A probas fixadas para o periodo no que está suspendida a actividade lectiva nos centros de ensino quedan canceladas. Buscaranse novas datas co profesorado correspondente ao reanudar as actividades lectivas no centro.
-
Informaremos, a partir do luns 16 de marzo, a través desta páxina web, para cada curso e grupo, das ferramentas ou plataformas que serán utilizadas en cada materia polo profesorado para facer a súa proposta de actividades, coa finalidade de que alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un sáudo,
A Dirección do IES Pino Manso
SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS
Enlace ao anuncio da suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-
30 aniversario Convención sobre os Dereitos do Neno
No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia vén de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.
Coa colaboración da Xunta de Galicia, lanzaron catro publicacións da CDN:
Convención sobre os dereitos do neno adaptada para 6-8 anos
Convención sobre os dereitos do neno adaptada para 9-12 anos
Convención sobre os dereitos do neno adaptada para 13-18 anos
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »