AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 22-23

 
Durante o curso 2022-23 os cursos de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO  están incluídos no Proxecto de Educación Dixital (E-DIXGAL) e non deberán adquirir libros de texto

As familias que reúnan os requisitos establecidos na orde (Renta per cápita  menor ou igual a 6000 €)
poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Impreso de solicitude:
 

ORLAS 2022

Onte, 20 de maio, tivo lugar o Acto de entrega de orlas e despedida do alumnado de 2º de Bacharelato. Presentaron o acto Bea, Lía e Íñigo, que deron a benvida ao alcalde e á concelleira de Educación, ás familias e ao profesorado. Adicaron ao alumnado e familias fermosas palabras Rosa, directora do centro, e Juana, como representante do profesorado. Paz Pereiro, ex-alumna do centro, profesora de Lingua Galega e Literatura e actualmente Cordinadora do equipo de asesores e asesoras de Bibliotecas escolares dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, compartiu vivencias da súa época como estudante do Pino Manso e ofreceu algúns consellos ao alumnado. Schihana e Jenni foron as encargadas de falar en nome do alumnado, cun divertivo e emotivo resumo dos anos no instituto. Manu e Raúl amenizaron con música o acto. Entregaron as orlas Doris, Roma e Bouzas, titoras e titor de 2º de Bacharelato.

Queridas alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do IES Pino Manso, unha vez máis, desexarvos todos os éxitos na nova etapa que comezades.

Feliz vida!

 

ENCONTRO CON IGNACIO VILAR

Hoxe, no festival de Cans, con Ignacio Vilar e con Aura 1964, o guión da súa vindeira película.No grupo do clube de lectura do Pino Manso leron o libro Aura 1964 e hoxe realizaron un coloquio con el. Intercambiaron opinións sobre a temática, os protagonistas, os espazos, a literatura, o audiovisual... Porque unha peli sempre comeza por palabras e por alguén que as escribe. "Aura 1964", unha ollada ao pasado para poder seguir sementando un bo futuro. E se rematase sendo algúns d@s nos@s alumn@s os actores ou actrices da peli? Grazas a Ignacio Vilar e grazas a Eva, de Vía Láctea Films, por convidarnos a esta sesión tan bonita.

Distribuir contido