¡¡¡SOMOS PATRIMONIO!!!

Con motivo da celebración do 9 de maio "Día de Europa", o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Libre Configuración "Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia", fixeron unha presentación sobre a necesidade de coñecer, coidar e respectar o Patrimonio material e inmaterial que as xeracións do pasado nos legaron.

No Salón de Actos tomaron a palabra: Jesús Bolado, Marta Alonso, Laura Lorenzo, Sergio Ramilo, Manuel Alonso e Alba Vila e explicaron a os seus compañeiros o valor do patrimonio a nivel mundial e tamén europeo. Incidiron na importancia do patrimonio español, xa que é o segundo país do mundo en bens patrimoniais.

Remataron a intervención facendo referencia ás obras máis destacadas de Antonio Palacios no Porriño, como o edificio do Concello, a entrada do Metro, a fonte do Cristo, a botica Nova ou a tristemente desaparecida Escola Fernández Areal.

Para ver algunhas das presentacións en vídeo: facer clic AQUÍ

Os encargados da publicidade do evento: Gabriel Figueras, Antía Cendón, Antía Alonso, Magali Fernández, Ángela Novas e Carla Costas fixeron un mural para a entrada, un tríptico para os asistentes e un vídeo publicitario do evento.

¡¡¡SOMOS PATRIMONIO!!!
AdxuntoTamaño
MVI_1172.flv29.3 MB