CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO IES PINO MANSO

2017-06-23 15:00
2017-06-23 22:00
Europe/Madrid

Hoxe celebramos o final de curso.

Xa que estamos de Aniversario, os profesores, ex profesores, alumnos, ex alumnos, persoal docente, ímos compartir un xantar na cafetería. Trátase de lembrar e de manter esta ilusión que a todos nos une: o ensino.

PROGRAMA:

Recepción: 14:30-15:00h

Xantar: 15:00h

Percorrido polas instalacións do Centro: 17:00h

Actuacións do alumnado: 18:30h

Actuación de Roi Casal (Agasallo do Concello): 20:00h

GRAZAS a tod@s por compartir unha data para a HISTORIA

O xantar achegou a distintas xeracións que compartiron experiencias e anécdotas

Non faltaron as fotografías e tampouco... a "morriña"

Espectador@s atent@s ás actuacións dos seus compañeir@s. NORABOA pola actitude

Iago Álvarez responsable do son, Iria Gómez, Raquel Rodríguez e Anabel Suárez como presentadoras, tod@s eles alumn@s de 1º de Bacharelato, colaboraron na celebración deste acto.

GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!

Raúl Xosé Francés, alumno de 1º ESO, fixo unha mágnífica interpretación ao acordeón. Antía Domínguez e Nerea Palma, alumnas de 2º ESO bailaron a ritmo de "dance".

Román Bugarín, alumno de 1º Bacharelato divertiunos cun monólogo no que participou o profesor de Latín, Manuel Ares e Alicia Vilar, alumna de FP Básica "Informática de Oficina" emocionounos cunha extraordinaria interpretación da "danza do ventre"

NORABOA A TOD@S

Paula Madero fixo bailar aos alumn@s cunha extraordinaria interpretación en inglés.

Ás 20:30h e grazas á colaboración do Concello, para homenaxear o 50 ANIVERSARIO deste centro educativo, Roi Casal e o seu grupo fixeron gozar ao público que se achegou ás instalacións do IES Pino Manso

UNHA XORNADA PARA A HISTORIA

venres, 23 de xuño, 2017