50 ANIVERSARIO DO IES PINO MANSO: "DE VIAXE POLO TEMPO EN TREN"

O venres, día 16 de decembro tivo lugar no Centro Cultural Municipal do Porriño, a inauguración da exposición "De viaxe polo tempo en tren". A maqueta feita polo alumnado, coordinado polo agora director do centro, Juan Aguilar, permanecerá exposta ata o 18 de xaneiro.