XORNALISMO NA ESCOLA

O alumnado de 4º de ESO do IES Pino Manso asistiu o día 18 de marzo a un taller de xornalismo impartido polo periodista Xesús Manuel García Díaz; a conferencia foi patrocinada a través da obra social “La Caixa”.  Nel abordáronse temas coma as diferenzas entre a linguaxe xornalística e a literaria,  a confección dun xornal, a importancia da modulación da voz na comunicación oral, a internet coma fonte de novas, a diferenza entre o dereito á información e á intimidade dos persoeiros públicos…

A conferencia estivo amenizada por numerosas anécdotas que, na súa prolongada vida profesional, Xesús Manuel viviu en primeira persoa e que, esperemos, axude ao alumnado a ter unha visión completa do que significa o desenvolvemento desta profesión tan apaixonante.

Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Anual do IES Pino Manso que leva por título Cóntame os ‘60. Nel, alumnado de 4º de ESO coa axuda das profesoras Rosa Fernández e Patricia Peña, gravará un programa de radio no que recrearán novas desta época.