Concerto didáctico en Santiago de Compostela

O luns 4 de febreiro o alumnado de 3º ESO A e aqueles que teñen optativa a asignatura de Música en 4º ESO asistiron a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

O concerto foi a cargo da Banda Municipal de Santiago. Os grupos poderon coñecer os instrumentos que integran esta formación presentados polo seu director e logo, asistiron a unha proxeción da película "O prestamista" de Charles Chaplin coa banda sonora interpretada en directo.