Uso dos teléfonos móbiles.

Novas sobre o uso dos teléfonos móbiles no centro. Click aquí para consultar a lexislación. 

No I.E.S. Pino Manso xa tiñamos recollido que o uso do móbil durante o período lectivo non estaba permitido, agás nos casos nos que tivera unha utilidade pedagóxica e sempre supervisado polo profesorado.

Segue sen estar permitido o seu uso no tempo de lecer (recreos, nin entradas e saídas). 

No caso das actividades extraescolares e complementarias, estamos á espera de instrucións para saber como actuar. En canto as teñamos, poñerémolo en coñecemento do alumnado e familias. 

O Centro conta con teléfonos en conserxería que o alumnado pode empregar para comunicar calquera incidencia. 

 

AdxuntoTamaño
20240104_orde_uso_mobiles_asinada (1).pdf222.1 KB