Recital poético para o alumnado de 1º Bacharelato

O venres día 6 de maio, os grupos de 1º Bacharelato asistirán a un recital poético musical no Centro Cultural de O Porriño. Baixo o título "De Xoán de Cangas a Lois Pereiro" a escritora Estíbaliz Espiñenta e o compositor Juan Carlos Vázquez, percorrerán a poética en lingua galega integrando  referencias ás Cantigas de amigo, á música pop galega, versións rap de poesía galega do século XX e a estrea dunha canción (lied) experimental con textos de Lois Pereiro, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste curso.

Imaxe do xornal La Opinión de A Coruña