#GivingTuesday

 

 

O Concello do Porriño, tal como acordaron os nenos e as nenas que asistiron ao pleno infantil do 15 de novembro, organiza unha iniciativa solidaria no marco do proxecto internacional #GivingTuesday consistente nunha recollida de alimentos que, unha vez clasificados, serán repartidos entre as familias con menos recursos do concello.

O martes 3 de decembro teremos un punto de recollida no Instituto.

Recoméndase deixar sobre todo aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas...

Grazas de antemán.