Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Xuño 20, 2017 »
Mar
Start: 2017-06-20 17:20
End: 2017-06-20 18:10

A profesora de Bioloxía Beatriz Lastra, organizou para o alumnado de 1º ESO unha conferencia a cargo do ponente Marcos Parente, membro de ACOPO, na que os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer, entre outros aspectos, o ciclo vital, costumes, xerarquía, especies, distribución, etc deste mamífero.

Mantivo ao auditorio moi atento xa que lles explicou a súa experiencia persoal co lobo e como conseguiu seguir a unha manada a partir das pegadas e os excrementos. Foi quen de transmitir a importancia de conservar a este animal, ao que o home limita cada vez máis o seu hábitat.

Distribuir contido