Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Marzo 6, 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
6
7
Start: 2017-03-07 08:45
End: 2017-03-07 14:30

O alumnado de Formación Profesional Básica de I e II, terá tres sesión informativas sobre nutrición, deporte, drogas, alcohol, ao longo dos meses de marzo e abril. A primeira será o día 7 de marzo martes.

8
Start: 2017-03-08 08:45
End: 2017-03-08 10:25

O mércores 8 de marzo, o alumnado de 4º ESO poderá escoitar ao ex alumno Pedro Iglesias que presentará no Salón de Actos do IES Pino Manso o documental "Camilo, o último guerrilleiro de Galicia".

Este traballo, feito por catro estudantes de Comunicación audiovisual da Universidade da Coruña, entre os que se atopa Pedro Iglesias, pretende contar, a través da memoria viva de Camilo de Dios, a historia de moitos homes que defenderon coa súa vida a liberdade.

9
10
Start: 2017-03-10 08:45
End: 2017-03-10 14:30

O día 10 de marzo o ex alumno do IES Pino Manso, Rafa Ávila, terá unha sesión práctica co alumnado de 4º ESO. O obxectivo é mapear todos os locais (tendas, cafeterías, oficinas públicas, etc para coñecer se son ou non de acceso a cadeiras de rodas.

Os datos serán recollidos polo alumnado en equipos. Debrerán comprobar as medidas das portas (acceso a cadeiras de rodas: debe medir como mínimo 90 cm de ancho) e as escadas que non poden ter máis de 7 cm de alto. Eses datos quedarán recollidos nos planos, previamente confeccionados por Rafa Ávila, e unha vez de volta no instituto, os descargarán coa aplicación openstreetmap.

Esta actividade desenvolvese dentro dos actos, que co motivo do 50 aniversario do Centro, estánse a levar a cabo.

11
12
Distribuir contido