Administración e matrícula

O prazo de matrícula para ESO e BAC, e o alumnado de 2º de BAC que teñen que cursar algunha materia no curso 2022-23, empeza o 27 de xuño e remata o 8 de xullo.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023


CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO QUE SE ESTEA ADSCRITO (CEIP Plurilingüe Avelino Díaz, CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro)

RESERVA DE PRAZA

 

  • PRAZO: do 11 de XANEIRO ao 8 de FEBREIRO

 

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021.

ALUMNADO BENEFICIARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Declaración 2019).

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

PRAZO

O prazo de presentación será de 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

O prazo de matrícula para os aprobados en xuño (ESO e BAC) e o alumnado de 2º de BAC que teñen que cursar algunha materia no curso 2021-22, empeza o 25 de xuño e remata o 10 de xullo

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Alumnado de centros adscritos: CEIP PLURILINGÜE POETA AVELINO DÍAZ (Meira) e CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO (Mosteiro-Pol)

O PRAZO DE SOLICITUDES: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" o formulario normalizado  que se publica como Anexo I da orde. 

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Tamén se pode descargar desde este mesmo sitio web nos formularios que se engaden a continuación.

 Formulario Anexo I e manuais para as familias: Reserva e Admisión (preme sobre os enlaces)

 

Distribuir contido