O martes, día 26 de outubro de 2021, ás 12:15 h, procederase a realizar o sorteo público dos compoñentes da Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do Centro. Esta Xunta estará formada por:
- O Director do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos.
A Xunta Electoral, unha vez constituída, poñerá a disposición das persoas que desexen presentar a súa candidatura un impreso para formalizala.
Preme AQUÍ para ter máis información.