Titorías coas Familias

Tags:

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional, as reunións entre pais/nais e titores/as serán preferentemente a distancia (telefónicas ou telemáticas). 

Procedemento:

1.- Contacte co/a titor/a mediante a aplicación Abalar ou ben chamando ao instituto (Tlf: 982870520) para concertar unha cita e acordar a forma da reunión.

2.- Se a conversación vai ser telefónica, vostede recibirá a chamada do/a titor/a no horario acordado.