AULA DE TEATRO

O pasado venres 16 de Maio celebramos na Casa de Cultura en Meira o día das Letras Galegas coa representación da obra "A ÓPERA DE A PATACÓN", adaptación feita por Roberto Vidal Bolaño da obra de Bertold Brecht.

Os alumn@s de 4º, 3º e 2º de ESO contituen o grupo de teatro e do de música, que acompañaron en directo a representación; ésta tivo dous pases, ás 13-30 (só para o alumnado e profesorado do Centro) e ás 21 horas (aberto a todo o público).

¡FOI UN ROTUNDO ÉXITO!