Class of Vampires

Tags:
30/01/2020 20:07

Os rapaces e rapazas de Segundo e Terceiro de ESO, acompañados por María del Mar e Roberto, asistiron á representación da obra de teatro Class of Vampires, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Nesta obra, producida por OnStage Company e organizada pola Fundación Abanca, os asistentes teñen a oportunidade de converterse por obra e maxia do teatro en vampiros, personaxes literarios, animadoras ou animais diversos.