Información básica sobre o proxecto

Por primeira vez na historia do noso centro, imos participar nun proxecto Erasmus+. O título do proxecto é U.M.B.R.E.L.L.A. (Uncovering Meteo Basic Research to Enhance Life-long Learning Abilities) e a súa temática vai xirar en torno á meteoroloxía e ao cambio climático. 

Este proxecto, que está financiado pola Comisión Europea, vai ter unha duración de 24 meses, empezando o 1 de novembro de 2019 e rematando o 31 de outubro de 2021. Ao longo destes meses o alumnado participante vai facer investigacións, tanto de índole científica como humanística, e vai publicar os resultados en distintos formatos analóxicos e dixitais. Ademais disto, imos facer cinco viaxes de estudo aos centros que participan connosco neste proxecto e tamén imos acoller ao alumnado e profesorado destes centros. Na seguinte táboa podedes ver o nome dos devanditos centros, xunto coa localidade e o país no que están, e tamén as datas previstas nas que os visitaremos e nos visitarán. Adxuntamos tamén un mapa coa localización de cada un.

Centro                               Localidade País Data da visita
IES Juan Pulido Castro Telde (Las Palmas)   España      2-6 de marzo de 2020
Gimnazija Fran Galovic Koprivnica Croacia 11-15 de marzo de 2020
IES Pedregal de Irimia Meira (Lugo) España 19-23 de outubro de 2020
Agrupamento de Escolas da Lixa   Lixa  Portugal   22-26 de febreiro de 2021
 Colegiul National Militar "Dimitrie Cantemir"  Ploiesti  Romanía 17-21 de maio de 2021
 Neringos gimnazija  Neringa  Lituania 20-24 de setembro de 2021

 

 

AdxuntoTamaño
UMBRELLA Team Map.jpeg33.46 KB