Concesión dun Proxecto Erasmus+

Tags:
08/07/2019

Acabamos de recibir a boa noticia de que o proxecto Erasmus+ UMBRELLA, do que somos socios, resultou aprobado. Durante os dous vindeiros cursos, o alumnado e o profesorado do IES Pedregal de Irimia disfrutaremos dunha experiencia educativa única na que imos aprender sobre meteoroloxía a través de actividades colaborativas con rapaces e rapazas de Croacia, Portugal, Romanía, Lituania e das Illas Canarias. O proxecto inclué tamén viaxes de estudios a estes países.