INTERNET E A FAMILIA

Este martes 14 de maio contamos de novo no noso centro con Ramón Peña, formador da Garda Civil. A charla, destinada ás familias do noso alumnado, foi sobre "Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías a ao uso das redes sociais"; solicitada no marco do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.