DÍA EUROPEO DA PARADA CARDÍACA

O Parlamento Europeo instou a crear o día da Parada Cardíaca o 16 de outubro, coa finalidade de difundir entre os seus estados membros a formación en reanimación cardiopulmonar (RCP) básica e desfibrilación semiautomática (DEA) na poboación. Con este motivo o noso centro recibiu ese día unhas sesións teórico prácticas para o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BACH, impartidas por persoal sanitario especializado.