Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 07, 2019
Comezo:07/05/2019 11:00
Remate:07/05/2019 18:00

Meira,

7 DE MAIO DE 2019 

A Olimpíada Tecnolóxica é un evento educativo e cultural que tivo a primeira edición no Cebreiro no ano 2007. Dende aquela data celebrouse de xeito ininterrompido (agás no ano 2017), sendo este ano a decimo segunda edición da actividade. Este ano celebrarase en Meira e participarán 110 alumnos/as do CPI de Cervantes, IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa), IES Leiras Pulpeiro (Lugo), CPI poeta Uxío Novoneyra (Courel), CPI de Castroverde,  CPI San Tomé de Carballo (Taboada) e IES Pedregal de Irimia (Meira). Contamos tamén con 25 profesores e profesoras dos anteditos centros para corrixir probas e vixiar ao alumnado.

No evento participa o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO que compiten en grupos heteroxéneos en canto ao centro de procedencia, xénero e capacidades, facendo probas virtuais nos meses previos (a través da web: tecnogalicia.blogspot.com) e probas presenciais o 7 de maio en Meira, relacionadas coa materia de Tecnoloxía. Despois das probas o alumnado e profesorado participante disfrutará dunha comida para confraternizar e distintas actividades de lecer (visita guiada ao Pedregal de Irimia, teatro, ruta de sendeirismo arredor do río Miño e entrega de premios).

O obxectivo, a maiores de traballar os contidos da área de Tecnoloxía dun xeito atractivo para o alumnado, é o de fomentar a lingua e a cultura galegas, xa que todo o evento (probas, indicacións, visitas...) está no idioma galego e trabállase o patrimonio cultural (igrexa de Meira) e natural (río Miño) da zona onde se realiza. A I Olimpíada Tecnolóxica recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa da Consellaría de Educación.

 

Distribuir contido