Saltar navegación.
Inicio

Matemáticas

DÍA DAS MATEMÁTICAS

Preme na imaxe para acceder á galería.

Os membros do Departamento de Matemáticas quixeron conmemorar esta data animando a toda a comunidade educativa do centro a participar en distintos xogos: obradoiros de trangráns, pentaminós,  hexamantes e xogos de estratexia.

As profesoras: Carmen Sánchez, Rosa Casero e María Villar, acompañadas por algúns dos seus alumnos e alumnas fixéronnos pasar un bo rato xogando  para resolver as distintas actividades.

Asistimos tamén a entrega dos premios do “V Concurso de Fotografía Matemática”, nesta ocasión estamos especialmente ledos,  xa que ademais dos participantes do noso centro, recibimos fotografías do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios. Parabéns a todos os participantes!

Preme na imaxe para acceder á galería.

  

Para rematar a celebración,  os profesores do Departamento de Matemáticas xunto co seu alumnado de 4º ESO de PDC, FP BÁSICA e reforzo de matemáticas de 1º de ESO amosáronnos o Triángulo de Sierpinski: fractal que elaboraron ao longo do curso cun resultado espectacular.

VISITA A IMATXINA

Preme na imaxe para acceder á galería.

Hoxe, alumnos e alumnas de 3ºESO e 4ºESO, afondaron nalgúns dos aspectos máis lúdicos das matemáticas participando, acompañados polos profesores: María Villar, Pedro Rodríguez e Rosa Casero, dunha visita organizada polo Departamento de Matemáticas á “Semana Matemática Imatxina” en Vigo.

 

 

IV Concurso de Fotografía Matemática

O pasado día 12 de maio celebramos o Día Escolar das Matemáticas ca entrega de premios  do Concurso de Fotografía que, dende fai catro anos,

organiza o Departamento de Matemáticas do noso Centro.

Como todas as convocatorias estivo reñidísimo e o xurado o tivo moi difícil para decantarse polas mellores fotos.

PARABÉNS AOS GAÑADORES/AS!!!

1º PREMIO: Samuel Fernández, 1º Bach, "lineas de nacimiento", esas enrrugas que se manteñen ata o remate dos días como os números na    humanidade.

2º PREMIO: Celeste Lorenzo, 1º ESO, "Sucesión de  Pétalos de flores Fibonacci"   

3º PREMIO: Aroha Paños Boente, 2ºBach." Reflejos", unha parte do Atomium de Bruselas, Bélxica.   Premio categoría profesorado: Isabel Ávila Terzi, Departamento de latín, "Arte Exacto en la catedral de Palencia"

NO ENLACE PODES VER AS FOTOS GAÑADORAS E AS DO EVENTO:

http://photopeach.com/album/xciax0

CURSO 2014-2015

PROFESORADO E CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO CURSO 2014 - 2015, DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

PROFESORADO CURSO 2012-2013 E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Documento cos profesores do curso 2012-2013, e os criterios de avaliacion para este curso.

Distribuir contido