Matemáticas
VISITA A IMATXINA E NATURNOVA
O noso alumnado de 2º da ESO, visitou Imatxina, e disfrutou coas matemáticas.
Logo tamén tivemos tempo para a natureza e visitamos Naturnova.
VISITA A IMATXINA E NATURNOVA on PhotoPeach
MATEMÁTICAS II : Exame 2ª avaliación
Exame da 2ª avaliación de Matemáticas II no documento adxunto.
OMNIPOLIEDRO
O OMNIPOLIEDRO é unha composición realizada coas armazóns dos cinco sólidos platónicos, (tetraedro, octaedro, cubo , dodecaedro e icosaedro), de forma que cada un deles está inscrito no seguinte.
Os sólidos platónicos, foron estudados dende a antigüedade clásica, incluso se lle atribuían propiedades máxicas:
" O LUME está formado po TETRAEDROS, o AIRE de OCTAEDROS, a AUGA de ICOSAEDROS, a TERRA de CUBOS, e como aínda era posible outra forma, o DODECAEDRO serve de LÍMITE DO MUNDO"
Agradecer a toda a xente que participou e axudou neste proxecto do DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS para o curso 2016-2017.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS CURSO 2016-2017
Criterios de cualificación e criterios mínimos do departamento de matemáticas para a ESO e BACHARELATO
DATOS DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS
PROFESORADO DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS NO CURSO 2016 - 2017
ENTREGA DE PREMIOS NO CEIP A NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
Carmen Sánchez, xefa do Departamento de Matemáticas e Marta Torreiro, orientadora do Pedra da Auga, visitaron o CEIP "A Nosa Señora dos Remedios" para facer entrega dos premios ao alumnado participante no "V Concurso de Fotografía Matemática".
Parabéns a todos os participantes.
Preme na imaxe para acceder á galería.
TRIÁNGULO DE SIERPINSKI
Preme na imaxe para acceder ao vídeo.
No curso 2015-2016 o Departamento de Matemáticas propúxose un reto. Parecía doado: conseguir 1092 latas de refresco para montar o famoso Triángulo Fractal de Sierpinski, e relacionalo co contido didáctico das matemáticasde de 1º ESO e 4º ESO (Sucesións, xeometría plana, figuras semellantes e potencias).
Os profes de matemáticas xunto co seu alumnado de ESO e FP Básica puxéronse mans á obra...
Preme na imaxe para acceder á galería.
Despois de moitos meses de traballo este é o espectacular resultado.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Podes ver o proceso seguido na elaboración do triángulo consultando o arquivo adxunto.
A CANCIÓN DA DIETA SAUDABLE
Preme na imaxe para acceder ao vídeo.
No marco do Programa Xermolón, desenvolvido no noso centro co obxectivo de promocionar a alimentación saudable a través da adquisición de pautas de consumo responsable, alumnas de 2ºESO B coa axuda da profesora Rosa Casero, elaboraron este vídeo que fomenta a vida saudable.
