Saltar navegación.
Inicio

Física e química

Emulando ós físicos de "The Big Bang Theory"

O pasado 5 de marzo visitou o noso Centro o Decano da Facultade de Minas da Universidade de Vigo, Benito Vázquez, para presentar a web didáctica de dita facultade (http://www.clickonphysics.es) , que recolle os experimentos científicos realizados polo seu alumnado.

Disfrutaron da charla o alumado de 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

A continuación o alumnado de 4º ESO expuxo o resultado das actividades científicas creadas por eles, a raíz da súa visita a ETSE Minas o pasado mes de novembro, sendo avaliadas polos compañeiros de 1º BAC C.

No enlace que segue, podes ver as fotos. Somos ou non coma os rapaces da serie?

O Pedra da Auga coa Ciencia

O alumnado de Física e Química participou esta semana en varios encontros científicos: 

-Nas actividades divulgativas organizadas pola ETSI de Minas, da Universidade de Vigo, na SEMANA DA CIENCIA.

-No XXVII Congreso de Ensinantes das Ciencias de Galicia, ENCIGA , celebrado este ano no IES As Barxas de Moaña.

   

Ademais, o profesor de Física e Química do noso centro, Xabier Prado Orbán, participou nas xornadas da SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO, no IES Ribeira do Louro, cunha conferencia con soporte visual sobre a Teoría da Relatividade, orientada ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

  

 Agardamos que entre este alumnado teñamos @s grandes INVESTIGADOR@S e CIENTÍFIC@S do futuro!

Polo de pronto, animáronse a facer a coordenación dunha conferencia online internacional en inglés con estes contidos, para o Ano Internacional da Luz 2015:

https://sites.google.com/site/newlightoldideas/

    enlace para observar            

CERN- Particle Masterclass

Novamente, o IES Pedra da Auga participou nesta actividade no curso 2012-2013.

Os alumnos de 2º de Bacharelato, Marcos Fernández Bautista e Gonzalo Naya Pita, participaron no CERN Particle MasterClass 2013, organizado pola Facultade de Física da Universidade de Santiago en colaboración co CERN.

Sites do alumnado

O alumnado de 4º da ESO está a crear un sitio cos traballos deste ano e cunha lembranza de traballos feitos por compañeiros de anos anteriores, algúns dos cales foron premiados.

Agardamos que che guste!

https://sites.google.com/site/quimicaiespda/home/

 

Tamén podes acceder aquí ao site do alumnado de PCPI sobre cuiencia en xeral:

https://sites.google.com/site/pcpipedradaauga/

Animacions de Química

 

Aquí tedes unha colección de animacións sobre Química, ordeadas por temas:

Animacions para Física

A continuación vai unha lista de aimacións sobre aspectos da asignatura de Física. Na maioría delas, despois de observar a animación (nalgunhas hai que facer clic para que arranquen), podedes modificar algúns parámetros e comprobar o resultado ( o ideal sería que o calculásedes antes por vós mesmos, aplicando o que sabedes!!)

Materiais de Física para Selectividade

 

Nos seguintes enlaces tedes información de utilidade para preparar as probas de Selectividade na asignatura de Física. Podédelos atopar todos na web do Grupo de Traballo de FISICA: http://ciug.cesga.es/grupos/fisica.html

Probas de Selectividade de cursos anteriores con solucións (preme nos enlaces):

Criterios de avaliación para as asignaturas do departamento de Física e Química

Nos arquivos adxuntos poderás ver os criterios de avaliación e calificación para as asignaturas do departamento de Física e Química:

8 alumnos e alumnas de 4º ESO gañaron o 2º premio da Olimpiada Galega de Química, na modalidade de proxectos

PARABÉNS para @s alumn@s gañadores e para o profe que os axudou na tarefa, Xabier Prado!

Se queres coñecer máis detalles sobre o premio, podes consultar os enlaces dos xornais que recollen a noticia,  "Faro de Vigo" e "La Voz de Galicia":

http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/05/31/ocho-alumnos-instituto-pedr...

http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2010/05/29/0003_8514351.htm

Olimpiada Galega de Química para alumnado da ESO

Alumnos de 4º da ESO do IES Pedra da Auga partiparán na II Olimpiada Galega de Química para alumnado da ESO, que se celebrará o día 27 de maio de 2010 en Santiago de Compostela.

Os proxectos presentados polos alumnos/as que se consideren máis destacados recibirán un premio. Desde aquí lles desexamos ¡MOITA SORTE!.

Distribuir contido