Saltar navegación.
Inicio

Emulando ós físicos de "The Big Bang Theory"

O pasado 5 de marzo visitou o noso Centro o Decano da Facultade de Minas da Universidade de Vigo, Benito Vázquez, para presentar a web didáctica de dita facultade (http://www.clickonphysics.es) , que recolle os experimentos científicos realizados polo seu alumnado.

Disfrutaron da charla o alumado de 4º ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

A continuación o alumnado de 4º ESO expuxo o resultado das actividades científicas creadas por eles, a raíz da súa visita a ETSE Minas o pasado mes de novembro, sendo avaliadas polos compañeiros de 1º BAC C.

No enlace que segue, podes ver as fotos. Somos ou non coma os rapaces da serie?