Saltar navegación.
Inicio

HORARIO CENTRO NADAL 2022

HORARIO DO CENTRO DURANTE O PERIODO DO NADAL

 

27, 28 DE DECENBRO E 3 E 4 DE XANEIRO

 

 

COMITÉ DE MEMORIA HISTÓRICA IES PEDRA DA AUGA DE PONTEAREAS

O Comité de Memoria Histórica do IES Pedra da Auga nace para loitar pola defensa do dereito de coñecer a nosa propia historia. Para isto, programaremos charlas, coloquios e proxeccións de audiovisuais nos que especialistas no tema visitarán o noso centro. 

O Comité na actualidade está formado polo alumnado Lara Mo Puentes, Miguel Ángel Arce Ramón, Marouane Belaidi Oulhaj, Hugo Menéndez Farpón e polo profesorado Marta Álvarez Pérez (Dep. Bioloxía), Ismael Alonso Lorenzo (Dep. Inglés) e polos profesores do Dep. de Historia Aitor Insunza Núñez, Carlos Lozano Gonzáles e Xosé Lois Gómez García. Por suposto, o Comité está aberto a todos os membros da comunidade educativa que queiran colaborar.

Neste apartado, queremos mencionar a todo alumnado de 4º ESO que desde o curso 2020-21 ven confeccionando traballos de Memoria Histórica, especialmente sobre represaliados da Guerra Civil e do Franquismo. Estes traballos poderán ser consultados a partir de agora neste enlace. Trátase dun muro onde os propio alumnado sobe os seus traballos. Próximamente teremos a achega dos estudantes de 4º de este curso 2022-23. 

Manterémosvos informados das actividades programadas a través desta sección. Un cordial saúdo!

Medallas por deporte.

No adxunto tendes a relación de alumnado gañador de medallas do departamento de Educación Física que serán entregadas o vindeiro día 27.

Proceso de admisión e matrículas para o curso escolar 2022/2023

 

CALENDARIO DE MATRÍCULAS:

 1º da ESO 11 e 12 de xullo

 2º da ESO 7 e 8 de xullo

 3º da ESO 5 e 6 de xullo

 4º da ESO 1 e 4 de xullo

 1º de Bacharelato 29 e 30 de xuño

 2º de Bacharelato 27 e 28 de xuño.

 

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE).

Xa se pode solicitar a BECA ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o curso 2022-2023.

Toda a Información está dispoñible no Portal de becas e axudas do MEFP.

As Persoas destinatarias das axudas serán aquelas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: 

Instruccións para facer a solicitude da axuda do material escolar 2022-2023.

Adxuntamos tres documentos:

1. Instruccións para facer dita solicitude.

2. Anexo I (a cubrir polas familias).

3. Anexo II (a cubrir polas familias).

Distribuir contido