Saltar navegación.
Inicio

INFORMACIÓN XERAL SOBRE AS RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS

UNIVERSIDADE DE VIGO.

https://www.uvigo.gal/es/campus/ventajas/alojamiento

As residencias ofertadas son:

 - Residencia Universitaria O castro, Vigo

- Residencia Universitaria As Burgas ,  Ourense

Residencias alleas.

Existen outras residencias para estudantes na cidade de Vigo, Ourense e Pontevedra que, ainda que non pertenzan a Universidade de Vigo, tamén están a disposición do estudante.  

Concurso intercentros: Repensando o amor

Concurso intercentros: Repensando o amor:

O 24 de marzo tivo lugar na biblioteca do IES Val do Tea a entrega de premios do concurso filosófico intercentros "Repensar o amor", convocado co gallo do 14 de febreiro. As persoas gañadoras e finalistas foron as seguintes:
- Modalidade A (ESO):
     • Gañador: Hugo Menéndez Farpón (IES Pedra de Auga).
     • Finalista: Alejandra Pérez Cuevas (IES Pedra de Auga).
- Modalidade B (Bacharelato):
     • Gañadora: Sofía Rodríguez Fernández (IES Val do Tea).
     • Finalistas: Sofía Tellado Muñoz (IES Val do Tea), Antía Martínez Pérez (IES Pedra de Auga) e María Alba Ramallo Martínez (IES Val do Tea).

¡Parabéns aos gañadores e finalistas!

8M: Mural e entrevista na radio

8M: Mural e entrevista na radio

No día 8 de marzo  un grupo de 5 alumnos de 4º ESO A e B parciparon nunha entrevista na radio do centro onde se sinalou a importancia de coñecer as orixes e desenvolvemento do movemento feminista, así como a identificación dos problemas que afectan as mulleres na actualidade.

8M: Mural "4 ondas do feminismo"

1. 8M: Mural 

Durante o mes de marzo os grupos de 4º ESO A e B realizaron un mural na materia de Filosofía para explicar as 4 ondas do feminismo: dende a Ilustración ata a actualidade. 

Aberto o prazo de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar

RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/24:

  Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

 1º ESO 19 vacantes (6 delas NEE)

 2º ESO 16 vacantes

 3º ESO 6 vacantes

 4º ESO 22 vacantes

 1º BACHARELATO 19 vacantes (12 para Ciencias e Tecnoloxía, 5 para Humanidades e CCSS e 2 para Xeral).

 2º BACHARELATO 13 vacantes (13 para Humanidades e 0 para Ciencias).

 O prazo de solicitudes abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo. A secretaría do IES Pedra da Auga presta atención ao público de 9 a 14 horas de luns a venres.

CONFERENCIA DE MONTSE FAJARDO: "A REPRESIÓN CONTRA AS MULLERES TRAS O GOLPE DE ESTADO DE 1936"

Dentro do I Ciclo de Conferencias organizado polo Comté de Memoria Histórica do IES Pedra da Auga e a Augateca, en colaboración para esta primeira conferencia có Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, daranos unha charla Montse Fajardo, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, periodista e escritora.

A conferencia terá lugar no Salón de Actos do Instituto ás 12:45 do venres, día 24 de febreiro.

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

O ministerio de Educación e Formación Profesional convoca 2400 axudas para participar nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grado Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, durante o mes de Xulio de 2023.

 

REQUISITOS:

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA TODO O ALUMNADO DE PONTEAREAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA TODO O ALUMNADO DE PONTEAREAS E COMARCA

 

O alumnado pode visitar o noso centro nas seguintes quendas:

- CPI de Mondariz  e CPR Inmaculada 15 de febreiro mércores de 10 ata ás 13 horas 

- CPR Santiago Apostol 16 febreiro xoves de 10 ata ás 13

 

Pais e Nais, queredes coñocer o noso centro? Podedes vir nas seguintes quendas:

- Día 23 de febreiro ás 19 horas 

- Día 24 de febreriro ás 12:45

 

Seguide toda a nosa información en Instagram.  @iespedradaauga

 

 

 

Distribuir contido