Saltar navegación.
Inicio

Aberto o prazo de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar

RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/24:

  Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.

 1º ESO 19 vacantes (6 delas NEE)

 2º ESO 16 vacantes

 3º ESO 6 vacantes

 4º ESO 22 vacantes

 1º BACHARELATO 19 vacantes (12 para Ciencias e Tecnoloxía, 5 para Humanidades e CCSS e 2 para Xeral).

 2º BACHARELATO 13 vacantes (13 para Humanidades e 0 para Ciencias).

 O prazo de solicitudes abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo. A secretaría do IES Pedra da Auga presta atención ao público de 9 a 14 horas de luns a venres.

As solicitudes presenciais na secretaría do IES Pedra da Auga fanse nos seguintes formularios:

ANEXO IICOMPROBACIÓN DE DATOS e para solicitudes de 1º de bacharelato folla de opcións de matrícula.

É necesario aportar con esta documentación a copia do DNI en vigor do alumno ou alumna e unha certificación de empadroamento da unidade familiar.

O alumnado procedente de centros públicos ou concertados de Galicia non precisa aportar certificacións académicas, o procedente de centros privados non concertados ou de centros de fora de Galicia debe aportar a certificación de matrícula do presente curso escolar e a certificación académica do último curso rematado coa nota media calculada polo centro que a emite.

O resto de documentación que poidamos necesitar vai en función da situación familiar e ven descrito na propia instancia.

Nota: o prazo de solicitudes de admisión para ciclos de Formación Profesional empezará en xuño, probablemente o día 22.