Formularios de matrículas e prazos.
O Vindeiro mércores día 19 saen as adxudicacións de prazas para primeiros cursos de Ciclos medios e superiores e comeza o prazo para as matrículas, que abrangue ata as 13 horas do día 24.
O luns día 24 saen as adxudicacións para primeiros cursos da FP básica e comeza o prazo de matrícula que no noso Centro abrangue ata o día 28.
O horario de atención ao público é de 10 a 13 horas.
Formulario para as matrículas de ciclos e FP Básica das persoas adxudicadas.
Tamén é posible que se adxudique algunha matrícula para 1º curso de bacharelato nestes días.
Calendario de exames extraordinarios.
Os calendarios extraordinarios de xuño pódense consultar nos seguintes enlaces:
INFORMACIÓN XERAL SOBRE AS RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS
UNIVERSIDADE DE VIGO.
https://www.uvigo.gal/es/campus/ventajas/alojamiento
As residencias ofertadas son:
- Residencia Universitaria O castro, Vigo
- Residencia Universitaria As Burgas , Ourense
Residencias alleas.
Existen outras residencias para estudantes na cidade de Vigo, Ourense e Pontevedra que, ainda que non pertenzan a Universidade de Vigo, tamén están a disposición do estudante.
Concurso intercentros: Repensando o amor
Concurso intercentros: Repensando o amor:
O 24 de marzo tivo lugar na biblioteca do IES Val do Tea a entrega de premios do concurso filosófico intercentros "Repensar o amor", convocado co gallo do 14 de febreiro. As persoas gañadoras e finalistas foron as seguintes:
- Modalidade A (ESO):
• Gañador: Hugo Menéndez Farpón (IES Pedra de Auga).
• Finalista: Alejandra Pérez Cuevas (IES Pedra de Auga).
- Modalidade B (Bacharelato):
• Gañadora: Sofía Rodríguez Fernández (IES Val do Tea).
• Finalistas: Sofía Tellado Muñoz (IES Val do Tea), Antía Martínez Pérez (IES Pedra de Auga) e María Alba Ramallo Martínez (IES Val do Tea).
¡Parabéns aos gañadores e finalistas!
8M: Mural e entrevista na radio
8M: Mural e entrevista na radio
No día 8 de marzo un grupo de 5 alumnos de 4º ESO A e B parciparon nunha entrevista na radio do centro onde se sinalou a importancia de coñecer as orixes e desenvolvemento do movemento feminista, así como a identificación dos problemas que afectan as mulleres na actualidade.
8M: Mural "4 ondas do feminismo"
1. 8M: Mural
Durante o mes de marzo os grupos de 4º ESO A e B realizaron un mural na materia de Filosofía para explicar as 4 ondas do feminismo: dende a Ilustración ata a actualidade.
Aberto o prazo de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar
RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/24:
Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.
1º ESO 19 vacantes (6 delas NEE)
2º ESO 16 vacantes
3º ESO 6 vacantes
4º ESO 22 vacantes
1º BACHARELATO 19 vacantes (12 para Ciencias e Tecnoloxía, 5 para Humanidades e CCSS e 2 para Xeral).
2º BACHARELATO 13 vacantes (13 para Humanidades e 0 para Ciencias).
O prazo de solicitudes abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo. A secretaría do IES Pedra da Auga presta atención ao público de 9 a 14 horas de luns a venres.
CONFERENCIA DE MONTSE FAJARDO: "A REPRESIÓN CONTRA AS MULLERES TRAS O GOLPE DE ESTADO DE 1936"
Dentro do I Ciclo de Conferencias organizado polo Comté de Memoria Histórica do IES Pedra da Auga e a Augateca, en colaboración para esta primeira conferencia có Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, daranos unha charla Montse Fajardo, licenciada en Ciencias Políticas e da Administración, periodista e escritora.
A conferencia terá lugar no Salón de Actos do Instituto ás 12:45 do venres, día 24 de febreiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
![IES Pedra da Auga RSS Distribuir contido](/centros/iespedradaauga/misc/feed.png)