Saltar navegación.
Inicio

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017

O pasado 16 de maio saíu publicada no DOG a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de ESO para o curso escolar 2016-2017.
A finalidade das axudas é:

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 1º e 3º de ESO.
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto para o alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO.
  • A convocatoria de axudas para adquirir material escolar para o alumnado de ESO.

Lugar de presentación:
     Preferiblemente no centro docente.


Prazo para presentar solicitudes:

  • Desde o 17 de maio ata o 23 de xuño de 2016 (este incluído)
  • O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016-2017, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.
  • Para as novas incorporacións ao longo do curso: 1 mes a partir do día seguinte á formalización da matrícula con data límite de 31 de marzo de 2017.

Presentación de solicitudes:
Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.
A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.
A solicitude será única para todos os fillos e , de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016-2017.
As solicitudes irán acompañadas da documentación acreditativa das circunstancias alegadas segundo se indica no artigo 14 da orde da convocatoria.
NON SE TRAMITARÁN AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS FORA DE PRAZO, DEBIDO Á IMPOSIBILIDADE DE SER REXISTRADAS NA APLICACIÓN INFORMÁTICA HABILITADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.
Devolución dos libros de texto do curso 2015-2016: O alumnado entregará os libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos con axudas segundo o procedemento establecido no centro, tendo en todo caso como data límite o día 23 de xuño no momento da entrega das notas , agás para o alumnado de ESO  que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.
IMPORTANTE: A NON DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS DO FONDO SOLIDARIO OU ADQUIRIDOS COA AXUDA NO CURSO 2015-2016 É CAUSA DE EXCLUSIÓN DESTAS AXUDAS.
Preme aquí para acceder á Orde e a descarga da solicitude.

AdxuntoTamaño
Solicitude.pdf1017.88 KB