Orde de 6 de maio sobre "Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021/22".
Para ter dereito á axuda, é condición imprescindible devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2020/21.
Presentación: do 21 de maio ó 22 de xuño (ámbolos dous inclusive).
Lista provisional de admitidos e excluídos: 9 de xullo.
Reclamacións: 12 e 13 de xullo.
Lista definitiva de admitidos: 15 de setembro.
FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
- En Administración, no noso instituto. Descarga a Solicitude
- De xeito telemático, a través:
DOCUMENTACIÓN PARA A PRESENTACIÓN:
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan o libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2019, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
- Setenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.