Este ano, para celebrar o Día Mundial da Poesía decidimos abrir a farmacia poética e ofrecer poemas como medicamentos. Así, coa rapazada de 1º da ESO e 3º PMAR levamos a cabo un proxecto que consistía en crear un medicamento que nos curase as "doenzas da alma". Para iso, renomeamos medicamentos coñecidos por todos, creamos os prosprectos e os textos poéticos que nos sandasen de problemas como o medo, o mal de amores, a preguiza... A poesía cura! |