Skip to Content

Preparando o 8M I: Os mitos do amor romántico

A charla impartida en 1º da ESO pola asociación FADEMUR consistiu nunha aproximación aos mitos do amor romántico. Para iso, comezouse por cuestionar que é o amor, como forma de entender que vai máis alá do existente nunha parella. A partir de aquí, a través de clips de programas de televisión actuais (como La isla de las tentaciones), series non tan recentes (como Friends), películas destinadas á adolescencia (como Crepúsculo ou Tres metros sobre el cielo) ou á infancia (como La bella y la bestia ou calquera na que aparezan as princesas de Disney) e memes que circulan nas redes sociais fóronse mostrando e desmitificando todas esas ideas que socioculturalmente asociamos ao amor das parellas, no que o romanticismo é unha manifestación máis da violencia machista: o control das redes sociais, os celos, o illamento, o soportar os malos tratos (nas súas múltiples formas) e a idea da predestinación da media laranxa. Como ben se dicía, non existe un libro que nos ensine sobre o amor, pero si múltiples mensaxes que nos encamiñan a relacións de desigualdade e violencia. Por iso, é necesario recoñecer os mitos para construír vínculos libres. 

 



page | by Dr. Radut