Skip to Content

Obradoiro "O HOME QUE QUERES SER"

Ao longo deste mes de novembro, o alumnado de 3º da ESO participará nun proxecto de igualdade que se desenvolverá durante as horas de Educación Plástica e Visual. O obradoiro, dirixido por Talantea, ten como obxectivo final  a organización dunha campaña de sensibilización que xire en torno ao tema das novas masculinidades.

Pero, para poder chegar até aquí, previamente, realizarase unha contextualización do concepto de masculinidade, realizando un repaso pola súa evolución.

Logo o alumnado dividirase en grupos paritarios para a organización dunha viñeta. Neses deseños gráficos, deben representarse escenas nas que o papel de home se atope afastado do modelo tradicional de masculinidade hexemónica. Polo tanto, os protagonistas serán homes comprometidos coa corresponsabilidade, coa igualdade e co rexeitamento de calquera tipo de violencia cara ás mulleres.

Cando as viñetas estean rematadas, o xurado, formado por uns representates do Comando Igualdade e diversidade do noso IES, elixirán as 6 mellores.  Estas imprimiranse en diferentes soportes e distribuiranse entre o alumnado.

 



page | by Dr. Radut