Skip to Content

Xornadas contra a violencia de xénero

O pasado día 30 de outubro o alumnado de 4º da ESO participou nunhas xornadas contra a Violencia de Xénero organizadas polo GDR Condado - A Paradanta. A actividade consta de 2 partes:

  • Unha primeira, que foi a que tivo lugar este venres, que consistiu nunha charla–taller de 2 horas sobre as relacións afectivo-sexuais entre a adolescencia.
  • E unha segunda, que consistirá na gravación, con este mesmo alumnado, dunha curta, que sirva para a concienciación contra a violencia de xénero.

 

Á presentación das Xornadas do Venres asistiu o secretario do GDR, o alcalde e a concelleira de educación de As Neves, a educadora social que impartiu o taller e o equipo de gravación da curta.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut