Skip to Content

XXII ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Lara Alvarez Míguez e Lorena Alonso González , alumnas de 1º de Bacharelato, participaron neste Encontro que tivo lugar  na Escola secundaria de Sá da Bandeira, en Santarem ( Portugal) do 8 ao 11 de xaneiro que tiña por lema : A desertificación, o gran desafío para os mozos.


As nosas alumnas traballaron na aula de Física e Química este tema no marco dos ODS e da Axenda 2030 e prepararon presentación en inglés sobre as consecuencias do cambio climático e a desertificación.

 


Participaron tamén o IES Luís Seoane de Pontevedra e o CPR Eduardo Pondal de Cangas  e escolas  doutros países como Alemaña, Andorra,Brasil, Italia, Estados Unidos e Portugal.


Neste Encontro estivo presente a  nos coordinadora estatal Luisa Márquez.

 



page | by Dr. Radut