Skip to Content

VISITA AO PORTO PESQUEIRO E Á LONXA DE ALTURA

Este mes de novembro o alumnado de 1º ESO tivo a ocasión de participar nunha actividade ben estimulante: a visita ao Porto de Vigo. A actividade arrincou cunha ruta en  autobús por todo o porto para lle amosar ao alumnado todos os recunchos que este agocha. Cómpre lembrar que Vigo é a capital española da pesca e en Europa é líder da pesca fresca para consumo humano. De feito, só dentro do porto hai máis de 350 empresas que xeran unha facturación superior aos 3000 millóns de euros ao ano. Ese grandísimo volume de traballo resultoulle impresionante á rapazada.

 

Logo visitaron a lonxa  e alí explicáronlle os distintos modos de pesca que empregaban para conseguir diferentes especies.

 

Por último, tiveron a posibilidade de subir a un barco pesqueiro que faenaba nas Maldivas na procura de lura. Alí foron recibidos polo capitán e o armador. Unha vez a bordo amosáronlles como era o proceso de captura, limpeza e conxelado da lura. De feito, a empresa FUNDAMAR, á que pertencía o barco, é a que subministra toda a lura conxelada de Europa.

 

Para finalizar a visita, agasalláronnos cunhas luras no comedor do propio barco e tamén obsequiaron á rapazada cun termo e un colgante. Viñeron todas e todas verdadeiramente encantados entendendo, ademais, que detrás da lura que chega aos seus pratos se agocha o esforzo de moita xente.

 



page | by Dr. Radut