Skip to Content

Obradoiro de percusión Afrobahiana

 Corenta alumnos/as dende 1º da ESO ata 2º de BACHARELATO asistiron o pasado luns 11 de Novembro ao auditorio de As Neves para participar nun Obradoiro de Percusión impartido polo percusionista e actor Xurxo Troncoso.


En relación coa recoñecida música do Samba Enredo do Carnaval de Río de Xaneiro,  neste Obradoiro tratamos un fenómeno musical distinto: con entidade propia e cunhas dimensións e excelencias tan ricas ou máis ca Carioca do Río de Xaneiro: A PERCUSIÓN AFROBAHIANA .

Os instrumentos propios da Bahía son distintos: Fondos, dobradas, cortadores. As afinacións diferentes e os que son comúns  tócanse con técnicas diversas. A destacar o Timbao, instrumento de invención bahiana logo moi estendido no universo brasileiro. Os ritmos tamén mudan, de feito xeralmente o tempo forte que en Río é o dous e o catro en Bahía pasa a ser o un e o tres.

 

Os ritmos traballados no Obradoiro foron:
Afoxé, Samba Reggae e Bâiao ou Maracatús da Bahía.

Os instrumentos utilizados:
Fondos (1ª e 2ª), Dobradas, Cortadores (que son diferentes tipos de bombos), Timbao, Repique e Caixa.

 



page | by Dr. Radut