Inicio do curso 2019/2020

O curso escolar 2019/2020 comezará o próximo luns 16 de Setembro para todos os nivéis educativos do noso centro co horario habitual, así coma os servizos de cafetería no instituto, transporte escolar e comedor.

Damos a benvida tamén ó alumnado que comeza a súa andadura no noso centro nos cursos de 1º ESO e convidamos ás familias a asistir a unha xuntanza cos seus fillos, titores/as dos grupos e dirección que se celebrará na sala de Usos Múltiples o luns día 16 ás 9:15 da mañá.

Enlace ó Calendario escolar oficial Xunta

Os días de libre elección NON LECTIVOS do centro son:

  • Luns 4 de Novembro
  • Venres 20 de Marzo